Innovación no proceso orientador
Como buscar o xeito de reorientarse cara ás necesidades expresadas polos individuos. Como cubrir, de maneira integrada, as dimensións formais, non formais e informais da formación, así como a acción intermediadora e todo o resto de aspectos socioprofisionais e de desenvolvemento das e dos cidadáns.
Innovación na intermediación laboral
Como buscar o xeito de lograr unha intermediación laboral efectiva, que permita levar a caboprocesos de captación activa de ofertas de emprego coas empresas da cidade e realizar aestudos de dispoñibilidade e adecuación aos postos de traballo dos e daspotenciais candidatos desempregados.
Innovación na coordinación de axentes orientadores
Como buscar o xeito de que os servizos de orientación e intermediación laboral estean apoiados nunha estreita cooperación mediante redes“informais” locais, entre as estruturas existentes de orientación e intermediación e o resto de estruturas que interveñen na integración socioprofesional e a reintegración das persoas en desemprego.
Innovación na inserción laboral nun mercado globalizado.
Como buscar o xeito de mellorar a empregabilidade dos usuarios e usuarias dos servizos de orientación e intermediación laboral, que lles permita evitar a incerteza e a variabilidade da demanda empresarial, nun mercado de traballo segmentadoe globalizado.
Destinatarias e destinatarios
Persoas e entidades interesadas no proceso de innovación nos servizos de orientación e intermediación laboral: orientadores/as dos ámbitos laboral e educativo, persoal técnico de emprego, titoras e titores de inserción, docentes de FOL, persoal de programas de emprego (obradoiros de emprego, escolas obradoiro, cursos de formación ocupacional, bolsas de emprego…) e estudantes da áreas profesionais relacionadas.