
Data:
17 e 18 de marzo
Compostela celebrará no mes de marzo o seu primeiro Outlet. Trátase dunha oportunidade para os comerciantes do Concello para reducir stocks nun espazo no que se pretende que sexa visitado por unhas dez mil persoas. Será os días 17 e 18 de marzo no recinto feiral de Amio.
Para atraer ao público de Compostela e a súa comarca farase unha campaña de promoción e instalarase no recinto un espazo de xogos para que os pais podan pasear e mercar con tranquilidade mentras os nenos divírtense atendidos por profesionais.
Outlet Compostela abrirá as súas portas o día 17 de marzo ás 13 h. O horario será ininterrumpido de 13 h a 21 h o sábado e de 10 h a 21 h o domingo.
A entrada costa 2 euros por persoa, agás para os menores de 16 anos que será gratuita. Haberá un servizo de autobuses de balde cada hora desde a Praza de Galicia.
A participación dos comercios é gratuita. Poden participar todos os sectores, agás o de alimentación. Os postos, limitados, adxudícaranse pola orde de entrada das Solicitudes de reserva de espazo.
|