CONCELLO DE SANTIAGO MES DO COMERCIO MAIS COMPOSTELA
historia do comercio outlet compostela de compras aprende mercando gala do comercio
historia

a historia do comercio de compostela

Data: 8 de marzo ao 9 de abril

O 7 de marzo inaugúrase na Fundación Torrente Ballester, situada na Rúa do Vilar, a exposición Historia do Comercio Compostelán, que permanecerá aberta ata o 9 de abril.

A mostra reflictirá a historia do comercio en Santiago desde as súas primeiras manifestacións documentadas ata os anos 70. Estará composta por fotos, publicidade comercial, obxectos relacionados coa actividade comercial e paneis explicativos da importancia do sector na vida e na economía da cidade. O obxectivo é achegar aos cidadáns os aspectos básicos da historia do comercio de Santiago e da súa importancia no desenvolvemento e crecemento da cidade.

Está previsto que o contido da exposición inclua os seguintes temas: a antigüidade do comercio e a súa presenza constante na historia da cidade, o seu papel como suministrador de novos produtos e innovación, o abastecemento dos habitantes de Santiago, a creación dunha industria artesá paralela coa fabricación de produtos para vender, a participación na vida política, social e económica da cidade, o carácter emprendedor dos comerciantes e a memoria do comercio compostelá.

Cada unha das partes inclue un pequeno texto introdutorio con imaxes e un espazo para fotografías. A súa finalidade é transmitir aos cidadáns dun xeito claro e sinxelo a idea do pasado e presente do comercio da cidade.

 

imaxe
Organiza:
Patrocina:
Colabora:
MaisCompostela
LOGOS
LOGOS

OFICINA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO

Multiusos de San Lázaro, Porta 9. Avenida de Fernando Casas Novoa, 20. Telf: 981 54 24 93. Fax: 981 54 24 92


desenvolvemento gráfico e web: AVA

inicio
xacobeo xacobeo concellaria cultura caixa galicia la caixa