 Data: 30 de marzo
O 30 de marzo celebrarase a II Gala do comercio compostelán no Auditorio de Galicia. A gala está aberta a todo o noso comercio. Poden asistir todas as persoas vinculadas ao comercio, sen límite de acompañantes.
Nesta páxina pode cubrir a folla de inscripción.
A Gala porá o mellor punto e final a todo o programa de dinamización comercial Marzo, mes do comercio. Será unha oportunidade para que o comercio compostelán amose aos seus veciños o peso económico e social que ten na cidade.
No acto homenaxearase a cinco comerciantes de Compostela polo seu traballo e esforzo en prol do noso comercio e da nosa cidade (no documento adxunto pode consultar as bases para elexir a estas cinco persoas). Tamén se entregará o premio de Escaparatismo SCQ Shopping 2006, que se faiará no mes de febreiro, e o premio de I+C (imaxinación máis comercio), que obtivo a tenda Zürich-SCQ, ubicada na Rúa do Vilar. 
|