CONCELLO DE SANTIAGO MES DO COMERCIO MAIS COMPOSTELA
historia do comercio outlet compostela de compras aprende mercando gala do comercio
outlet

de compras por compostela

Data: Do 13 de marzo ao 9 de abril

Os fotógrafos Fran Herbello e José Caruncho plasmarán en 20 instantáneas o dinamismo do comercio compostelán. As fotos poderanse ver na exposición De compras por Compostela, incluida nas actividades de Marzo, mes do comercio, promovido pola Concellaría de Promoción Económica. Hervello e Caruncho foron propostos por Manuel Sendón, profesor de fotografía da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, e director, xunto a X. L. Suárez, das coleccións do Centro de Estudos Fotográficos.

De Compras por Compostela exporase na Praza Roxa. Estará aberta do 5 de marzo ao 9 de abril. Estará composta por 20 imaxes, dez de cada autor, que reflictirán a forza e espírito que hoxe ten o comercio compostelán. As fotos empregaranse para desenvolver posteriores campañas publicitarias da Concellaría de Promoción Económica e Comercio.

Ao longo da súa traxectoria profesional, José Caruncho, nacido en 1953 en A coruña, realizou 24 exposicións individuais, unha delas en Novo México, e 18 colectivas. Realizou fotografías para a Consellería de Medio Ambiente do anterior goberno. Entre os traballos destaca unha edición de seis carpetas dos edificios máis importantes de A Coruña, e unha serie de fotos sobre espacios naturais da xeografía española, como o Parque Nacional de Covadonga, nos Picos de Europa, o de Aigües Tortes, no Pirineo Catalán ou a Serra do Caurel, en Lugo.

Fran Herbello, residente en Compostela e nacido en 1977 en Suiza, é Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. No seu curriculum conta con 16 exposicións individuais e nove colectivas, unha delas en Italia e varias en Portugal. A súa obra foi difundida por diferentes publicacións tanto a nivel nacional como internacional e foi imaxe da Portada da Revista Cultural SERENDIPIA. Colaborou na organización de exposicións, en grupos de investigación e impartiu o Curso de Iniciación e Perfeccionamiento á fotografía, Concello de Santiago.

 

imaxe
Organiza:
Patrocina:
Colabora:
MaisCompostela
LOGOS
LOGOS

OFICINA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO

Multiusos de San Lázaro, Porta 9. Avenida de Fernando Casas Novoa, 20. Telf: 981 54 24 93. Fax: 981 54 24 92


desenvolvemento gráfico e web: AVA

inicio
xacobeo xacobeo concellaria cultura caixa galicia la caixa