CONCELLO DE SANTIAGO MES DO COMERCIO MAIS COMPOSTELA
historia do comercio outlet compostela de compras aprende mercando gala do comercio
outlet

aprende comprando

Data prevista: Do 26 ao 31 de marzo

Trátase de simular un mercado para que os rapaces poidan xogar e ao tempo aprender a mercar con responsabilidade. O obxectivo é que 1.000 rapaces de Compostela participen no mercado virtual.

A actividade está pensada para os rapaces dos últimos cursos de primaria (9 e 12 anos). Desenvolverase en dous puntos da cidade: o centro sociocultural do Ensanche e a Fundación Torrente Ballester. Estará en funcionamento durante unha semana, 26 de marzo ao sábado 31 de marzo. De luns a venres pola maña as visitas estarán organizadas en colaboración cos colexios da cidade. O venres pola tarde e o sábado a entrada será libre, para que os rapaces poidan ir cos seus país.

A actividade está pensada en visitas de dúas horas de duración por grupos de 25 rapaces. As visitas divídense en tres momentos. No primeiro os monitores explicarán aos rapaces conceptos da compra responsable. No segundo os rapaces participan nun xogo de simulación no que poden ser compradores ou comerciantes. Cada rapaz terá que cumprir un obxectivo, en función do seu papel, para o que recibirán unha cantidade de cartos en billetes feitos para a ocasión. Os comerciantes terán lograr unha expectativa de vendas para o que terán que deseñar unha estratexia comercial. Os compradores terán que facer unha compra responsable. No terceiro momento revisarase o desenvolvemento do xogo nun diálogo cos rapaces, extraendo conclusións sobre a compra responsable.

 

 

imaxe

mercadona

froiz

Organiza:
Patrocina:
Colabora:
MaisCompostela
LOGOS
LOGOS

OFICINA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO

Multiusos de San Lázaro, Porta 9. Avenida de Fernando Casas Novoa, 20. Telf: 981 54 24 93. Fax: 981 54 24 92


desenvolvemento gráfico e web: AVA

inicio
xacobeo xacobeo concellaria cultura caixa galicia la caixa