CONCELLO DE SANTIAGO MES DO COMERCIO MAIS COMPOSTELA
historia do comercio outlet compostela de compras aprende mercando gala do comercio
 

Marzo é un mes no que o comercio, despois do intenso periodo de rebaixas, abre unha nova tempada comercial. Para promocionar o inicio desta tempada na Concellaría de Promoción Económica e Comercio deseñamos unha serie de actividades que dinamicen o sector durante este mes. Todas as actividades englóbanse baixo o lema Marzo, mes do comercio. Este programa ten un dobre obxectivo: dar protagonismo ao comercio nun mes no que xeralmente non o ten e sentar as bases dun programa que se repita no mes de marzo, recoñecéndolle ao comercio seu valor.

O progama Marzo, mes do comercio constitúe unha expresión concreta nun periodo temporal determinado da campaña promocional Compostela capital de compras, que é a marca que se quere facer visible. O noso obxectivo é asentar a posición de Compostela como referencia comercial da Comarca e converter á cidade tamén na referencia comercial de Galicia e o Norte de Portugal.

As actividades que imos desenvolver son: unha exposición sobre a historia do comercio
compostelán, unha mostra fotográfica que reflicte o presente do noso comercio, un Outlet, a simulación dun mercado responsable para rapaces e, como remate do programa, a celebración da II Gala do comercio, que terá lugar o 30 de marzo no Auditorio de Galicia.

Coas actividades do programa que imos levar a cabo en marzo pretendemos que o comercio comspotelán logre o posicionamento que lle corresponde polo seu peso económico e social no Concello, sendo unha referencia de calidade tanto para os composteláns coma para os potenciais clientes da Comarca e de toda a euro-rexión Galicia Norte de Portugal.

 

 

imagen
Organiza:
Patrocina:
Colabora:
MaisCompostela
LOGOS
LOGOS

OFICINA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO

Multiusos de San Lázaro, Porta 9. Avenida de Fernando Casas Novoa, 20. Telf: 981 54 24 93. Fax: 981 54 24 92


desenvolvemento gráfico e web: AVA

inicio
xacobeo xacobeo concellaria cultura caixa galicia la caixa