informacion 1ª Xornada do Emprendedor Compostelan











1ª Xornada do Emprendedor Compostelán

O doce de decembro terá lugar a 1ª Xornada do Emprendedor Compostelán. O evento ten coma obxectivo fomentar a cultura emprendedora na área de Compostela. Está dirixido tanto a persoas con interese en desenvolver un proxecto empresarial nos vindeiros anos coma aquelas que están dando os seus primeiros pasos como empresarios.

A xornada celebrarase no Pazo de Congresos, e haberá dous autobuses a disposición dos participantes na xornada. Un sairá do Auditorio de Galicia e outro do Edificio Feuga, no Campus Sur. (Ver os horarios en formato PDF)

A xornada está concebida dun xeito didáctico, centrándose na explicación por parte de emprendedores das súas experiencias no desenvolvemento dos seus proxectos empresariais. As charlas serán dinámicas, coa participación do público asistente, que poderá prantexar as súas dúbidas aos poñentes.

A Concellaría de Promoción Económica subvenciona a comida dos participantes na cafetería do Pazo de Congresos. O prezo para os participantes será de cinco euros. As persoas que quieran facer uso deste servizo recibirán un bono no momento da entrega de acreditacións. A comida servirase entre as 14:00H e 14:15H no Restaurante do Pazo de Congresos.

O evento está organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego do Concello de Santiago, pero conta tamén coa colaboración de múltiples organizacións que traballan no fomento da cultura emprendedora en Compostela, como o IGAPE, a USC, a Cámara de Comercio, Caixa Galicia, Caixanova e La Caixa. Estas organizacións contarán con stands nos que os participantes poderán recabar información dos seus servizos.

Relación de entidades que terán stand na Xornada:

* Concello de Santiago. Concellería de Promoción Económica e Emprego
* Equal Compostela Social
* USC UNIEMPRENDE
* CONCELLO DE AMES
* CONCELLO DE BOQUEIXON
* CONCELLO DE BRION
* CONCELLO DE VEDRA
* CONCELLO DE TEO
* FUNDACION PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE SANTIAGO
* ASOCIACION PLATAFORMA POLO EMPREGO
* Cámara de Comercio
* IGAPE
* La Caixa
* Caixa Galicia
* Caixa Nova

 

 

 

© Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Mercados.
Concello de Santiago de Compostela, 2006

Desenvolvemento web: AVA - www.avaforum.com


informacion MAIS COMPOSTELA IGAPE USC CAMARA DE COMERCIO CAIXA GALICIA CAIXANOVA LA CAIXA