mais compsotela
CompostelaActiva

APOIO EMPRENDEMENTO CONCURSO DE IDEAS INCENTIVOS EMPRENDE EN COMPOSTELA FORMACIÓN

Titulo

Introducción

Programa

Horario de Autobuses

 

 

 

II Xornada Emprende en Compostela

O 23 de outubro celebrarase no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia a II Xornada Emprende en Compostela. A xornada ten como obxectivo fomentar a cultura emprendedora mediante un encontro no que participarán expertos en emprendemento e no que colaborarán múltiples organizacións vinculadas ao emprendemento e o fomento do emprego en Santiago (ver programa). O evento está dirixido tanto ás persoas con interese en desenvolver un proxecto empresarial nos vindeiros anos como ás que están dando os seus primeiros pasos ao frente da súa empresa.

A I Xornada , na que se inscribiron 389 persoas e colaboraron 15 organizacións públicas e privadas, celebrouse o 12 de decembro de 2006 no Palacio de Congresos. Os participantes coñeceron os recursos e o financiamento público e privado co que contan en Compostela se deciden montar unha empesa. Tamén coñeceron de primeira man a experiencia de tres emprendedores no desenvolvemento dos seus proxectos empresariais, así como o caso do emprendedor galego Xulio Fernández, fundador de Filmax, a productora e distribuidora audiovisual máis importante de España.

A I Xornada foi un éxito de participación grazas a colaboración de múltiples entidades no seu desenvolvemento. No vestíbulo do Palacio de Congresos as persoas participantes puideron obter información relacionada co proceso de emprendemento das seguintes organizacións: os concellos de Santiago, Ames, Boqueixón, Brión, Vedra e Teo, a USC, a Cámara de Comercio, o Igape, a asociación Plataforma polo Emprego e Caixa Galicia, Caixanova e La Caixa. .


ORGANIZA:
Concellaria Promocion Economica

Na I Xornada, celebarada no 2006, se inscribiron 389 persoas e colaboraron 15 organizacións públicas e privadas

COLABORA:
Deputacion da Coruña