mais compsotela
CompostelaActiva

APOIO EMPRENDEMENTO CONCURSO DE IDEAS INCENTIVOS EMPRENDE EN COMPOSTELA FORMACIÓN

Titulo

BASES DA CONVOCATORIA

i.- Introducción
1.- Obxecto
2.- Beneficiarios
3.- Criterios de concesión
4.- Gastos subvencionables
5.- Contía da subvención
6.- Solicitudes e documentac.
7.- Prazo de presentación
8.- Instrución do procedemento
9.- Resolución
10.- Recursos
11.- Obrigas dos beneficiarios
12.- Incompatibilidades
13.- Reintegro
14.- Modificación da resolución de concesión
15.- Entrada en vigor e vixencia
16.- Financiamento

 

Incentivos a empresas de creación recente

A Concellaría de Promoción Económica destina 40.000 euros a Incentivos para a creación de novas empresas en Santiago. Este ano o orzamento que o Concello de Santiago adica á concesión de axudas destinadas a novas empresas increméntanse un 33%, pasando dos 30.000 euros do 2006, dos que se beneficiaron 29 solicitantes, a 40.000 euros.

Poden beficiarse destas axudas as persoas físicas ou xurídicas que iniciaran a actividade entre o 1 de outubro do 2006 e o 31 de agosto do 2007 e que teñan a súa sede social, fiscal e de actividade no Concello de Santiago. A efectos do programa enténdese como data de inicio de actividade aquela na que a/o solicitante cause alta no IAE ou no censo de obrigados tributarios.

O obxectivo das subvencións é axudar económicamente aos novos proxectos empresariais a consolidar os seus negocios. Subvencionaranse cun máximo de 2.000 euros os gastos considerados como correntes e/ou de primeiro establecemento. Terán a consideración de gastos subvencionables os considerados como correntes e de primeiro establecemento realizados entre o 1 de xaneiro e o 31 de agosto de 2007 nos seguintes conceptos: existencias iniciais de mercadoría, gastos de arrendamento de locais e/ou equipos, primas de seguros, abastecementos e gastos correntes e gastos de formalización de constitución da sociedade.

O importe da axuda non poderá ser empregado con outros fins. A contía da axuda poderá acadar o 100% dos gastos subvencionables. O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de agosto do 2007. As bases poden consultarse na web da Concellaría www.maiscompostela.org.

A documentación presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende, 4 - Santiago) acompañada de instancia dirixida á Oficina de Promoción Económica. .

 

ORGANIZA:
Concellaria Promocion Economica

Este ano o orzamento que o Concello de Santiago adica á concesión de axudas destinadas a novas empresas increméntanse un 33%, chegando ós 40.000 euros

PDF Bases da Convocatoria

COLABORA:
Deputacion da Coruña