
O programa Compostela Activa organiza catro Cursos de Formación para o Emprendemento. Son Contabilidade, Axudas Públicas, Xestión Tributaria e Marketing e PEMES, co obxectivo de mellorar as capacidades tanto das persoas que queren desenvolver un proxecto empresarial como as que o están desenvolvendo dende un periodo recente. Contan con 15 prazas cada un. Son de carácter gratuíto e é requisito para a admisión nos mesmos que as persoas que os solicitan teñan posto en marcha unha iniciativa empresarial no ano 2007 no Concello de Santiago ou usuarias dun servizo público de apoio ao emprendemento emprazado no Concello de Santiago. O deseño destas actividades formativas realizouse tendo en conta as respostas das/os interesadas/os á enquisa colgada nesta mesma páxina web con nove cursos para escoller, que tiña como finalidade adecuar a oferta formativa ás demandas reais das persoas emprendedoras.
A instancia de solicitude para asistir a calquera destes cursos atópanse na Oficina de Atención ao Cidadán e nesta mesma páxina web (Formulario de inscrición). Unha vez cuberta, hai que presentala no Rexistro Xeral do Concello, acompañada de copia compulsada da documentación que acredite o feito de ter posto en marcha unha iniciativa empresarial no 2007 ou a certificación que acredite ser usuario dun servizo público de apoio ao emprendemento emitida pola entidade correspondente. O lugar de de celebración e as listas de admitidos, xunto a horarios e datas, publicaránse no taboleiro de anuncios do Concello e nesta mesma páxina web www.maiscompostela.org.
O prazo de inscripción remata o 2 de novembro. O sistema de selección realizarase tendo en conta a orde de entrada en rexistro previa verificación de que se cumpre o requisito de acceso.
Os cursos teñen unha duración dez horas, nas que se amosará o fundamental de cada materia, seguindo unha metodoloxía de carácter práctico. Ademais, programáronse en horarios compatibles coa xornada laboral, de oito da tarde a dez da noite, para facilitar a asistencia das persoas interesadas sen interferir nos seus traballos.
Cursos ofertados
![]()