mais compsotela
CompostelaActiva

APOIO EMPRENDEMENTO CONCURSO DE IDEAS INCENTIVOS EMPRENDE EN COMPOSTELA FORMACIÓN

Titulo

Servizo de Apoio ao Emprendemento

A Concellaría de Promoción Económica ten coma un dos seus obxectivos fomentar a cultura emprendedora en Compostela. Para iso contamos co programa Compostela Activa, que cubre dun xeito integral as diferentes etapas polas que pasa unha persoa emprendedora desde que ten a súa idea de negocio ata que constitúe a empresa.

O Servizo de Apoio ao Emprendemento é o eixo vertebrador de Compostela Activa. Está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en crear unha empresa en Santiago. O persoal deste servizo leva a cabo entrevistas en profundidade coas persoas emprendedoras para axudalas a definir mellor os seus proxectos, plasmando a idea inicial de negocio nun plan de empresa. Neste servizo tamén se informa sobre as oportunidades e os recursos que as persoas emprendedoras poden atopar en Santiago. No ano 2006 este servizo atendeu a máis de 200 persoas. .

Momento
Necesidade
Servizo que prestamos
Idea de negocio
Información e orientación sobre todos os aspectos da constitución da empresa
Servizo de Apoio ao Emprendedor
Plan de empresa elaborado pero falta de financiamento
Recursos económicos
Concuros de novas ideas empesariais
Ubicación
Local para a empresa
Viveiros empresariais
Financiamento no primeiro ano
Liquidez
Incentivos a empresas de creación recente



ORGANIZA:
Concellaria Promocion Economica

O Servizo de Apoio ao Emprendemento está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en crear unha empresa en Santiago

COLABORA:
Deputacion da Coruña