
BASES DO CONCURSO
i.- Introducción
1.- Obxecto
2.- Dotación
3.- Participantes e proxectos: requisitos
4.- Solicitudes e documentación
5.- Prazo de inscrición
6.- Avaliación dos proxectos empresariais presentados
7.- Resolución
8.- Xustificación e pago
9.- Cualificación do proxecto empresarial como iniciativa de emprego
10.- Recursos
11.- Obrigas dos beneficiarios
12.- Reintegro
13.- Modificación da resolución de concesión
14.- Entrada en vigor
2º Dotación
1. *Modalidade “Novas Ideas empresariais edición xeral”.
*Modalidade “Novas Ideas Empresariais promovidas por mulleres”.
*Modalidade “Novas Ideas Empresariais promovidas por titulados en formación profesional”.
Aos efectos deste programa enténdense que unha idea é promovida por mulleres, cando a maioría do capital social sexa aportado por mulleres ou, no caso de empresas de economía social, o número de socios sexa maioritariamente mulleres.
Aos efectos deste programa enténdese que unha idea é promovida por titulados en formación profesional cando a maioría do capital social sexa aportado por titulados en formación profesional ou, no caso de empresas de economía social, o número de socios sexa maioritariamente titulados en formación profesional. Enténdense comprendidos nesta convocatoria todos aqueles titulados en formación profesional de grao medio ou superior que tivesen obtido esta titulación a partir do 1 de xaneiro de 2006.
2. A Oficina de Promoción Económica, dependente da Concellería de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Mercados do Concello de Santiago de Compostela, farase cargo da achega económica precisa para as devanditas dotacións con cargo á partida orzamentaria Promoción Económica Actividades Funcional 72100. Económica 22604.
![]()
O concurso establece tres modalidades diferentes: edición xeral, promovidas por mulleres, e promovidas por titulados en Formación Profesional
| Bases do Concurso |