mais compsotela
CompostelaActiva

APOIO EMPRENDEMENTO CONCURSO DE IDEAS INCENTIVOS EMPRENDE EN COMPOSTELA FORMACIÓN

Titulo

BASES DO CONCURSO

i.- Introducción
1.- Obxecto
2.- Dotación
3.- Participantes e proxectos: requisitos
4.- Solicitudes e documentación
5.- Prazo de inscrición
6.- Avaliación dos proxectos empresariais presentados
7.- Resolución
8.- Xustificación e pago
9.- Cualificación do proxecto empresarial como iniciativa de emprego
10.- Recursos
11.- Obrigas dos beneficiarios
12.- Reintegro
13.- Modificación da resolución de concesión
14.- Entrada en vigor

 

Concurso de Novas Ideas Empresariais

O Concurso de Novas Ideas Empresariais ten coma obxectivo estimular e apoiar ás persoas que teñen unha idea de negocio facilitándolles a posta en marcha do seu proxecto empresarial. O concurso establece tres modalidades diferentes:

Cada liña do Concurso conta con tres premios en metálico. O primeiro recibirá 5.000 euros, o segundo 4.000 euros e o terceiro 3.000 euros. No concurso poden participar as persoas físicas ou xurídicas que teñan un proxecto empresarial que no momento de presentar a solicitude non tivese iniciado a súa actividade.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 14 de xullo. As bases do Concurso poden consultarse nesta web. A documentación presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende, 4- Santiago) acompañada de instancia dirixida á Oficina de Promoción Económica.

A valoración dos proxectos realizarase por unha comisión de expertos en base aos seguintes criterios: que a persoa física ou membros da sociedade proveñan dunha situación de desemprego, que estea/n censados no Concello de Santiago, que a actividade empresarial a desenvolver se enmarque nos sectores de novas tecnoloxías da información e a comunicación, servizos medioambientais, servizos culturais e de lecer, servizos á comunidade, sectores emerxentes ou novos filóns de emprego.

Tamén se valorará a utilización de recursos da zona, o emprego xerado, as mulleres contratadas, a contribución á inserción de colectivos en situación desfavorable para a integración sociolaboral ou en situación de risco ou exclusión social. .

 

ORGANIZA:
Concellaria Promocion Economica

O concurso establece tres modalidades diferentes: edición xeral, promovidas por mulleres, e promovidas por titulados en Formación Profesional

PDF Bases do Concurso

COLABORA:
Deputacion da Coruña